Paisaxes

Este pasado luns viaxei a Alemaña, nun voo da Coruña a Madrid que me conectou con outro a Frankfurt. Como a visibilidade era boa, e ocupaba asento de xanela, cando o avión desceu para aterrar na capital do Estado puiden gozar da paisaxe aérea das terras de Castela, que -debo recoñecelo- hai anos non me producían esta pracenteira visión. Mais, o outro día, ademais da  terra, estaba vendo cadros dos que moito gusto, obras de Benjamín Palencia, Díaz Caneja,  Ortega Muñoz e algún outro e achábame a vontade. Na aproximación a Frankfurt volvín desfrutar coa paisaxe. Algo totalmente diferente, unha terra que me facia evocar a da Galicia de non hai tantos anos, aquela dominada por diferentes tonalidades de verde. 
Xa no regreso, dous dias despois, redescubrín que esa Galicia, esa secular paisaxe galega xa non existe. Destruírona en poucas ducias de anos reducíndoa a un case exclusivo e feo verde eucaliptal, a unha visión case monocromática e uniforme. O curioso é que, onte mesmo, leo nos xornais que o partido gobernante fala de mudar esa situación que el creou e favoreceu. Non será tarde?

Paisaxes

Te puede interesar