Marchando outra de cinismo?

inceramente, preocúpame moito máis -pero moitísimo máis- que o parlamento español aprobase onte o acordo económico e comercial global co Canadá, o controvertido CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement), que todas as apocalipses, e máis que houbese, que se puidesen derivar do referendo que os cataláns queren levar adiante, penso que con toda a lóxica da razón e toda a razón da lóxica. A posibilidade de que Cataluña chegue a independizarse non me preocupa o máis mínimo. De entrada, o do referendo é un proceso que se vén aireando desde nin se sabe cando e, consecuentemente, a xente pode formar a súa opinión ao respecto. A que for. Pola contra, todo o asunto do CETA levouse con total secretismo, o que xa fai dubidar das súas supostas bondades. Que as terá. Para os de sempre, naturalmente. O sucedido no pleno parlamentario de onte, deixa ás claras que cando de beneficiar os ricos se trata as dereitas únense ao completo, PDECaT incluído, como debe ser. En falando de cartiños, uns e outros eixan de lado as cuestións nacionais e o que faga falta. 
 

Marchando outra de cinismo?

Te puede interesar