Linguas maltratadas

Leo, nun diario da rexión portuguesa do Miño, o artigo de opinión “Uma língua maltratada”, asinado por unha persoa que se di “professor universitário aposentado”. Láiase de que xa van aló ben lonxe os tempos en que os profesionais dos medios de comunicación -as mulleres eran moi escasas- amosaban un soberbio dominio da lingua. E iso que raramente superaban o 7º ano do liceo, iso si, cursos superados cunha esixencia que hoxe moita xente considera absurda. Os tempos e eses “absurdos” mudaron e apareceron os licenciados e licenciadas en comunicación social, que, paradoxalmente, “abastardaron” o portugués, un fenómeno, di o articulista, que só ten paralelo nos políticos. É por iso que o profesor xubilado se pregunta se son os políticos os que influíron nos xornalistas ou foron estes os que influenciaron os políticos. Creo que a historia nos resulta moi familiar. Mais, falando de linguas maltratadas fáiseme preciso pensar no noso galego, verdadeiramente torturado e... tan indefenso.
 

Linguas maltratadas

Te puede interesar