INSENSATOS

O latín dispuña dun verbo, consentio, -ire, -sensi, -sensum, que no tránsito ó galego consentir, perdeu o que era o seu principal significado, isto é, decidir de común acordo. Da familia léxica de consentio era o substantivo consensus, -sus, que tiña o significado de acordo, consenso, unanimidade e do que, é máis que obvio, provén o noso actual consenso, que, segundo os dicionarios, non vén ser outra cousa que un acordo por asentimento. Algo que, como todo o mundo mundial sabe, non conseguiron acadar as catro forzas políticas máis representadas no parlamento español. Feito que, ó meu entender, di moi pouco das capacidades negociadoras dos seus máximos representantes, todos eles homes, por certo. Sen distingo ningún. Mais todos deberon quedar ben contentos porque pensan repetir de cabezoleiros e coas mesmas listas. Sen primarias nin farrapos de gaita. Para que? Aquí non dimite ninguén. E menos de cobrar, de viaxar, de gozar de prebendas que nin che conto...

INSENSATOS

Te puede interesar