EXPERIENCIA

Nalgunha ocasión teño comentado nestas páxinas o que variara a percepción que tiña de Javier Marías. Leo puntualmente a súa columna, “La Zona Fantasma”, en El País Semanal, e sempre con fruición, aínda que non sexan maioría as veces que coincido co que nos presenta. Noutras, non obstante, cando finalizo a súa lectura, non podo máis que manifestar o meu acordo total co que nos transmite. Tal é o caso de “¿Todo se repite tan pronto?”. Díxenme: cantas veces terei pensado isto mesmo dun xeito desordenado? Moitas, é a resposta. Nin que dicir ten que coñezo sobradamente as novas fichaxes do PP, as do presunto cambio, e, como non, os líderes de Ciutadans. As Facultades compostelás dos meus tempos estudantís  estaban ateigadas de persoas idénticas a estas. Como tamén había, iso si, menos, xentes antifranquistas, idénticas ás de Podemos, que derivaron e derivaron ata nin se sabe onde. Como coñezo uns e outros vai ser ben difícil que me enganen. O demo sabe máis por vello...
 

EXPERIENCIA

Te puede interesar