• Miércoles, 17 de Enero de 2018

É sempre a mesma melodía

Desde que morreu o ditador non deixamos de escoitar, unha tras outra,

Desde que morreu o ditador non deixamos de escoitar, unha tras outra, variadas mensaxes arredor da maior eficacia e do mellor funcionamento dos organismos privados fronte aos públicos. Algo que é rotundamente falso pola simple razón de que é materialmente imposible. As empresas privadas funcionan exclusivamente para obter beneficios e cantos máis mellor. O contrario non lles interesa. O ben público fica, pois, totalmente á marxe dos seus obxectivos. Os servizos públicos non están para gañar diñeiro nin para perdelo, porque deben depender dos presupostos xerais do Estado con adecuadas prestacións dos usuarios se for preciso. O último exemplo de que o privado é peor que o público témolo no caos circulatorio da pasada semana. Só se produciu nas vías privatizadas, que, ademais, a empresa por si soa foi incapaz de resolver nin minimamente. Pero de momento aquí parece que ninguén ten culpa. Cadaquén responsabiliza ao contrario e ata a próxima que aquí non pasou nada. Xa está.
“Era sempre a mesma melodia / [...] / as moscas mudam só a merda não varia”, cantaba o Luís Cília hai case 50 anos. E así é. Protocolos, para que?