As cousas para o que son

UHF, grupo fundador do chamado rock portugués, gravou aló por 1981o tema “Rua do Carmo”: ‘Rua do Carmo / Rua do Carmo / Mulheres bonitas / subindo o Chiado / Mulheres alheias / presas ás montras / Alguns aleijados / em hora de ponta // Olha como é, a Rua do Carmo / Olha como é, a Rua do Carmo//...’, que narraba o que o estudante António Manuel Ribeiro -logo cantante e autor de temas da banda- vía nela  nos seus cotiáns ires e vires ao Instituto: o bulicio da zona da moda, das librarías e, principalmente, tendas de discos e instrumentos musicais... convivindo cos coches. Así a lembro eu ben. Un bo día, un calquera tivo a idea de converter a rúa en peonil en forma de escadas que impedían o tránsito rodado. E outro bo día houbo un pavoroso incendio que acabou con case todo. Os bombeiros non puideron acceder. Tristeza daba ver aquilo, abrasado polas irresponsabilidades. Como estou vivindo fóra, leo o noso Diario con retraso e nun dos números da semana pasada vin que unha ambulancia non puido atender debidamente unha urxencia por mor de obstáculos na calzada. Un aviso. Calquera día...

As cousas para o que son

Te puede interesar