Esas cousas da vida

Antonte estiven en Guimarães. Aínda que desde hai moitos anos coñezo, penso que ben, Portugal –mellor a costa, de Caminha a San Vicente e de Sagres a Tavira– nunca estivera na cidade berce do país: “Aqui nasceu Portugal”, lémbrasenos nunha das torres da muralla, no Largo do Toural. Algo disto hai, xa que o conde D. Henrique estableceu nela o centro administrativo do Condado Portucalense e mesmo seu fillo D. Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, puido ter nacido aí. Pero, por suposto, nas inmediacións da cidade tivo lugar a Batalla de São Mamede que tería fundamental importancia na conformación da nacionalidade portuguesa. Fose como for a historia, gustei inmensamente de Guimarães e, sen dúbida, regresarei en breve coñecela mellor. A medieval Vimaranes deixou fonda pegada na nova cidade, no centro histórico, que é Patrimonio Cultural da Humanidade. Os vimarenses souberon manter suficientemente ben o seu rico patrimonio ao tempo que deron pé aos hábitos aparecidos ao longo do tempo. Os carros, como debe ser, circulan e aparcan por practicamente toda a localidade.
 

Esas cousas da vida

Te puede interesar