Carvalho Calero, un ano máis

segundo lin na prensa destes días, parece ser que mañá sábado o Pleno da Real Academia Galega elixirá a personalidade á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2018 entre os cinco candidatos presentados polos académicos: Carvalho Calero, Plácido R. Castro del Río, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno. Coñecinos e trateinos a todos agás Plácido Castro -morreu sendo eu moi novo, mais si coñezo a súa importante traxectoria vital- e considero que todos eles foron autores “dunha obra relevante en galego” e persoas “de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”, requirimentos esixidos pola normativa vixente. Mais creo que son totalmente obxectivo, que non peco de subxectivismo de ningunha caste, se afirmo, coa rotundidade que a ocasión require, que don Ricardo Carvalho Calero, en canto a méritos obxectivables, está substancialmente por riba do resto dos candidatos. Pode resultarnos máis ou menos simpático -como nos pasa con todo o mundo-, mais a súa inxente obra está aí para uso e desfrute de todos nós.
 

Carvalho Calero, un ano máis

Te puede interesar