SI, BWANA

Aínda que desde tódolos poderes do PP, día si, día tamén, se nos quere vender con esmagadora insistencia que as cousas non están tan mal, polo bo facer do excelso don Mariano –ese que tripa parte do camiño a Compostela coa señora Merkel, coa nula privacidade derivada de ter que entenderse con ela con intérpretes (fan realmente falta para só dicir “Si, bwana”)– e das e dos membros do seu equipo, a realidade dinos que a situacion é peor do que parece. Bernardo Bastida foi condenado no seu día a 13 meses de cadea –eludibles co pago de 2.700 euros– pola súa actuación, cando era patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol,  nas accións cidadáns encamiñadas a impedir –o que non foi posible– que o “Galicia Spirit” descargase en Reganosa o gas licuado que transportaba. Agora, anos despois, terá que cumprir a sentencia de cárcere se non aboa a cantidade citada antes do día 1 do próximo setembro. Con noventa persoas a trinta euros cada unha todo listo. Mais parece que non é doado xuntar eses cartos. Xa non somos solidarios ou é que non temos un can? Imos de cu, que cantaba Reixa.

 

SI, BWANA

Te puede interesar