OUTRO ANO, SERÁ O DERRADEIRO?

O pasado mes de marzo, cumpríronse vinte e cinco anos, que se di pronto, da morte de quen foi meu profesor, meu director de departamento e de tese de doutoramento, así como meu benquerido, respectado e admirado amigo, o doutor don Ricardo Carvalho Calero. Segundo os Estatutos da Real Academia Galega A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. Son dos que pensa que o profesor Carvalho cumpre sobrada e nitidamente as condicións requiridas. Mañá sábado, tócalle outra vez ó plenario académico decidir sobre quen será a figura elixida para ser homenaxeada o vindeiro ano. En anos pasados, no 2014 sen ir máis lonxe, houbo certo movemento cidadán reclamando a distinción para o noso paisano. Non serviu para nada. A ver se desde o silencio hai quen ve mellor a luz.

 

OUTRO ANO, SERÁ O DERRADEIRO?

Te puede interesar