Algo non cadra

ona Luísa Ortega Díaz, esa señora que, como saben, foi fiscal xeral de Venezuela desde o inicio de 2008 ata hai poucas semanas e que, unha vez cesada, fuxiu para Colombia, acaba de manifestar que vai entregar documentación na que se demostra a “corrupción desmedida” do chavismo e que afecta a diferentes cargos, entre eles o presidente Maduro. E a quen lla vai facer chegar? Pois, segundo dixo. ás autoridades de España, Estados Unidos e Colombia, para que tomen medidas sobre o caso. Parece ata normal que lla entregue ao goberno de Trump, se esta presunta boa muller entende que ese país é quen ten que facer e desfacer no ámbito mundial. O de Colombia -que creo  que non é precisamente o paraíso da anticorrupción- pode ter a lóxica de ser o país onde se instalou. Mais o de España? Por moi centrada no seu traballo e no seu país que estivese, unha señora do seu nivel de responsabilidade tivo que ter noticia de casos de corrupción política bautizados como Gürtel, Bárcenas, Nóos, Púnica, Lezo, Pokémon, Carioca..., os suficientes como para saber que nese tema España non parece ser o estado espello en que mirarse nin o máis axeitado para dar leccións a ninguén.
 

Algo non cadra

Te puede interesar