A rapina que non para

Este mércores pasado, cando puxen os pés na rúa para ir camiño da Praza de Amada García á concentración, convocada por SOS Sanidade Pública contra a Lei Galega de Saúde que nos quere aplicar o PP, veume á cabeza a célebre frase que se lle atribúe a Felipe II, malia que nunca tal dixo, “No envié mis naves a luchar contra los elementos”. Realmente a tarde que quedara non convidaba á xente a desprazarse ata alí, mesmo tendo en conta a necesidade de manifestarse contra o negro panorama sanitario que nos fai albiscar a citada lei. Aló van ir, de vagariño, ao garete todos os logros dos últimos decenios. O pastel é apetitoso e os depredadores queren o seu quiñón. Queren aproveitar a conxuntura favorable de contar cun goberno que considera a saúde como un negocio máis no que debe participar a iniciativa privada. Se verdadeiramente a nova lei fose supor esas melloras das que fai gala o presidente Núñez Feijóo resulta moi estraño que se escollese o verán para a exposición pública do proxecto de reforma e que o Consello da Xunta o aprobase o 7 de decembro, o día hábil da ponte da Constitución. Algo case clandestino. Bastante xente debe entendelo así –porque así é– e alí estivo soportando a incesante choiva.
 

A rapina que non para

Te puede interesar