UNIDADE

As discrepancias arredor da formulación dunha candidatura galega nas vindeiras eleccións ao Parlamento español ocultan a loita por hexemonizar o espazo político do nacionalismo. Por outro lado reflicten as dificultades para materializar un acordo nacional que milleiros de compatriotas agardan con impaciencia. O fracaso, de acontecer, será un suma e segue cuxo resultado é cero e  sitúa ao noso país extramuros dos circuítos onde se van tomar decisións.  Non hai socios importantes,  hai decisións importantes que tomar entre todos. Se callar, no medio de tanto barullo, esquécese que os éxitos teñen billete de ida e volta. E a frustración é a estación que agarda.
Un manto de estrelas  acariña os meus ollos. Roza as miñas meixelas a frescura do nordés que mansamente se escorre entre a escuridade. Non me movo, permanezo  mergullado na noite. Rodeado de silencio (roto polas ás dun morcego).
 

UNIDADE

Te puede interesar