Palestina. (Des)Esperanza

Iniciábamos o 2017 coa resolución aprobada polo Consello de Seguridade da ONU  na que se lle esixía ao goberno israelí que rematara cos asentamentos nos territorios ocupados aos palestinos. E afirmábamos que esa decisión “alegra os corazóns dos demócratas do mundo sabedores de que os “asentamentos” realizados desde o ano 1967 significan  destrución masiva de vivendas, desterrados, asasinatos, violencia e máis violencia... e  a violación dos dereitos humanos dos palestinos. Alén diso, supoñen  un dos maiores obstáculos para lograr a paz”. 
Un ano despois, a decisión unilateral de Israel, co apoio dos USA, declarando a Xerusalén como a súa capital, é un obstáculo para a paz e a esperanza vira en frustración. E a autoridade ? da ONU, a pesar da resolución aprobada que deixa sen efecto legal tal decisión, fica malferida.O solpor derrámase entre as espidas ramallas do pexegueiro.
 

Palestina. (Des)Esperanza

Te puede interesar