Good morning, Catalunya

Porque democracia é decidir, participar. Porque  o cerne da festa democrática é xustamente o poder exercer o dereito ao voto.

E reprimir, prohibir...  ese dereito supón negarnos  aos cidadáns a nosa condición de  libres para considerárennos  súbditos.  Good morning, Catalunya.  Porque nas sociedades  democráticas  os cidadáns expresan a súa vontade a través do voto. E perseguir e incautar papeletas e urnas reflicte un réxime esgotado e autoritario.Good morning, democracia: “Declaramos que cando hai unha contradición entre a legalidade constitucional dun Estado, e a vontade democrática, prevalece esta segunda, e declaramos que, nunha sociedade democrática, a diferenza dunha ditadura, non é a Lei a que determina a vontade dos cidadáns, senón que esta é a que a crea e modifica cando sexa necesario”. (22 de xullo de 2010, Corte Internacional de Xustiza. Haia).

 

Good morning, Catalunya

Te puede interesar