Fotograma

A pouco que nos paremos a analizar a realidade decontado asoma un dado : a propaganda política do PP oculta a existencia dos problemas. E esta negación acompáñase cun recorte de liberdades (Lei Mordaza e Código Penal) que leva aparellado duras condenas aplicadas a colectivos políticos, sociais e culturais. Se a saúde do actual réxime político ten como medida a actuación do aparello xudicial e penal, entón temos de acreditar que o actual goza de moi boa saúde. Porén, somos do parecer do maxistrado Joaquim Bosch cando afirma que: “Vamos hacia un sistema autoritario que puede poner en peligro nuestras libertades. Dentro de unos años tendremos a centenares de personas condenadas por delitos vinculados a manifestaciones públicas”. 
E, se cadra, conviña sumarlle a esta reflexión que a represión reflicte a incapacidade do réxime de se adaptar as novas esixencias da sociedade. No pexegueiro asoma, timidamente, unha flor.
 

Fotograma

Te puede interesar