Fin de …Reinicio

Non pretendo amargarche o café. E lonxe de min calquera intención moralizante de purgar os presuntos excesos dos días de ferias que ves de gozar. Pero, probablemente, coincidirás comigo en que as festas son mellor avaliadas despois de se ter producido. Polo menos iso foi o que me aconteceu, cando escribo estas letras, unha vez visitada o que ficaba da multitudinaria festa viquinga en Foz. As pinceladas do que foi, o arrecendo da lixivia nos locais e o trafego dos feirantes a desmontar os postos,tiraron de minun aquel de saudade que agardo que entendas.Na ribeira, no campo da Cabana e no paseo marítimo só fican sombras . Ecos. E un aquel procurado no seteestrelo que esta noite se agacha entre o nubeiro. ... Reinicio... Agardo atoparme nas aulas contigo que inicias unha etapa . Que non sei quen es. Nin tu sabes quen son. E perdérmonos nas mil historias que fican por contar.

Fin de …Reinicio

Te puede interesar