En Marea

 asemblea de EM (plenario na  linguaxe mareante) estivo precedida por unha grande polémica nos medios. E iso obedecía  a que o debate entre as dúas visións que confrontaron ía alén dos documentos . O que se estaba a discutir era se EM se consolidaba como un partido soberano, nacional  e de adscrición individual ou continuaba a ser  unha coalición na que os inscritos pouco ou nada podían decidir. E o máis relevante do conclave foi a decisión de que EM debe ter vida propria e procurar ser esa ferramenta estratéxica para o século XXI que sectores da sociedade galega  levan tempo reivindicando, capaz de chegar a acordos con todas aquelas organizacións que teñan como obxectivo, aquí e agora, derrotar ao PP e abrir novos espazos de actuación política. 
Agora os cidadáns precisamos que abandonen ese soliloquio cansino e se centren  nas alternativas aos problemas ( muitos e moi graves) de Galiza.

En Marea

Te puede interesar