A Revolta das Pedradas

con este nome pasaron  á historia os acontecementos de marzo do 2018. En realidade podería ser denominada como a Revolta das mulleres, protagonistas desta loita. Dende o  8 de marzo (data carregada de simbolismo) até  finais do mes, as mulleres de Neda e Narón, nun primeiro momento, e logo as de Ferrol, Serantes e Fene lideraron as mobilizacións en protesta pola escaseza dos produtos máis básicos (pan, aceite, carbón...) provocada polos acaparadores e a suba dos impostos. Temos fame! Abaixo os acaparadores!, as consignas que encheron as rúas e mercados de Ferrolterra.  O  réxime respondeu coa represión: estado de sitio, nove mortos, arredor de cen feridos e prisión. 
Cúmprense 100 anos. E a abstención no pleno do Concello de Ferrol por parte do PP e C’s resulta incomprensíbel. Recuperar a memoria é proxectar o futuro. Velaí a relevancia do traballo realizado pola Comisión Revolta Popular Marzo 1918. 
 

A Revolta das Pedradas

Te puede interesar