A mochila austríaca

Aínda que a probabilidade real de que Rajoy remate por ser investido para ocupar a Presidencia do Goberno estatal, nunha das dúas sesións de votación previstas para esta próxima convocatoria do Congreso, entra dentro dos fenómenos que se consideran milagres; non é de estrañar que a operación política arrolada polos grandes sectores de influenza económica do país, e da opinión publicada, remate por acadar o fin perseguido após a celebración das eleccións galegas e vascas.
Por iso, a negociación aparente dese partido nacido para rexenerar a tradición do partidismo a dous que se leva ofrecido nos seis últimos meses a formar pactos e acordos xustamente con cadansúa organización das que pretendía corrixir, pon foco de luz sobre novos conceptos dunha futura ampliación negativa da reforma laboral que será a que marcan co seu discurso as organizacións empresariais, padriños do seu lanzamento como alternativa electoral. Dentro dese efecto iceberg que é a parte, non coñecida nin anunciada, dun trato para a gobernabilidade no que van incluídas medidas que veremos aflorar á superficie co paso dos meses.
As consecuencias económicas e sociais da reforma laboral, levada a cabo polo Partido Popular amparado na maioría absoluta, son sobradamente coñecidas e non é o caso agora reiteralas. Sabemos que o dereito ao traballo e o dereito á negociación colectiva foron severamente transformados por esta lei, e que a depreciación salarial, o alento ao traballo non declarado e sobre explotado que vai parello á moda da contratación a media xornada e mesmo por horas; o incremento exponencial do emprego precario e a explosión da desigualdade económica e social, coa creación de graves fracturas de exclusión colectiva, son elementos intencionadamente buscados pola norma e polas políticas do goberno; ademais de represivas co movemento sindical.
Porén, para alén do contrato único ou estábel que busca desviar a ollada cidadá sobre outras medidas, o futuro derivado do pacto das dereitas traerá novamente á palestra a importación do chamado “modelo austríaco” de indemnización por despedimento. Un sistema individualizado de mochila ou peto que se vai enchendo coa achega periódica dunha cantidade da retribución bruta do traballador, especie de salario diferido, a xestionar por entidade financeira para a súa capitalización. Clara transferencia de fondos públicos a privados. Vai co traballador, de emprego en emprego, e complementa á pensión no caso de non ser usado. Seica é para flexibilizar o mercado laboral, eufemismo de “máis madeira” no recorte de dereitos laborais

A mochila austríaca

Te puede interesar