Simboloxía

Creo que non incurro en falsidade se lles digo que a Ley 52/2007/ 26 de Decembro chamada da Memória Histórica non se cumpre; basta comprobar as tímidas accións que ata o de agora se levaron a cabo no concerninte á retirada da simboloxía fascista e da Dictadura, e xa non digamos ao intento de recuperación de desaparecidos. Esta Ley aprobouse co gallo de tomar medidas a prol daqueles que padeceron persecución e violencia perante a Guerra Civil e a Dictadura (sic). O artículo 15 que se refire a símbolos e monumentos públicos di o seguinte: “Tomaranse as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos conmemorativos de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”. Entres estas medidas contémplase tamén a retirada de subvencións ou axudas públicas ás entidades que incorran no incumprimento desta Lei. Sorprende a belixerancia adoptada polo goberno cando interesalle que unha lei se cumpra e a vehemencia coa que se actua, mirando para outro lado, noutros casos. Non fai falta poñer exemplos, pero non me resisto a dar un que ten que ver coa chamada “Fundación Francisco Franco” que estes día saiu nos papeis por mor de que a familia do golpista lles dou a licencia de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás, outrora residencia de Dona Emilia Pardo Bazán e logo entregada ao “gran dictador” non como agasallo da cidadanía, mentira, senón coma unha imposición e como tal, de obrigado cumplimento. Pola miña casa andaba un recibo  que certificaba a retirada da nómina do meu pai, si ou si, dunha cantidade destinada a ese xeneroso agasallo.  Se nos atemos ao texo da Lei vemos que, no caso de dita fundación, non se cumpre. Existe para ensalzar ao dictador.  Outra cousa que me chamou a atención foi a concesión a titulo póstumo da medalla de Galicia a Miguel Ángel Blanco, vilmente asasinado hai vinte anos polos criminais de ETA. Ninguén explicou con claridade por qué a medalla de Galicia e non outra condecoración tal vez máis axeitada e oportuna. Resulta un paradoxo que quen outorga recoñecemento, merecido por suposto a algunhas víctimas se esqueza doutras e permita que aqueles que foron autores de crimes de lexa humanidade continúen tendo aquí  recoñecemento case de heroes.  Non creo que noutros países haxa símbolos para maior gloria de fascistas e nazis. Pois iso. 
 

Simboloxía

Te puede interesar