Seguindo coas lendas

Ao fío da miña achega doutro día referida a San André de Teixido, un amigo pegúntoume se penso que Santiago está enterrado en Santiago. E que importa iso xa a estas alturas?, respondín: o importante é o que a lenda propiciou, o relevante é saber que hai máis del mil anos a xente cre nunha cousa que xa a estas alturas converteuse en dogma de fe. Veu a miña memoria que hai tempo á sábana santa foille aplicada a proba do C14 e o resultado dou que non correspondía á época de Cristo. O Vaticano axiña saiu ao paso manifestando que o C14 estaba errado. Pois iso.
Ao derredor da figura do apostolo Santiago hai moito derroche de imaxinación. Chegouse a dicir que arribara a Padrón nunha barca de pedra. A fantasía na súa máxima expresión. Os que pescudan nestas cousas manifestan que Santiago era mariñeiro, nauta, e o seu pai Zebedeo un pequeno armador, e como o seu Mestre suxería que os seus apostolos predicaran aló polos confíns do mundo, Santiago aproveitou as viaxes desas naves para achegarse a este Fisterra europeo, naves que recalaban no peirao de Padrón, no rio Ulla. Din as crónicas que logo marchou para a súa terra onde foi axusticiado e como era costume que os apóstolos foran enterrados aló por onde predicaran troxeron o seu corpo formando parte da carga dalgún daqueles barcos a Padrón. Na igrexa desta vila está exposta unha pedra que servía para amarrar aquelas naves. O mesmo de aí sacou a xente o mito da barca de pedra. Foi acaso enterrado nun cemiterio romano en Libredón, nun castro onde hoxe aséntase a capital de Galicia? Este cemiterio pouco a pouco foi abandoado e invadido pola foresta. Conta a lenda que a xente acudía ao medio do bosque a visitar a tumba e alcendían candeas cuxas escintilantes luces a imaxinación popular converteu en estrelas. “Campus stelae” , ou “Compositum” que era cemiterio e poderia evolucionar a Compostela . Ambas teses teñen os seus defensores. Pero que é o importante? :que esta lenda no seu trancorrer por máis dun milenio dou lugar ao que hoxe temos : O Camiño de Santiago que significou un trasvase importante de xentes de Europa a Galicia e xa que logo de culturas. Logo inventáronse outros camiños por onde transitan milleiros de persoas co que todo iso significa.
A imaxinación popular crea mitos, lendas que prevalecen a través do tempo e que nos encandean porque son incribles e as veces necesitamos, si, mergullarmonos no incrible.
 

Seguindo coas lendas

Te puede interesar