Queridos amigos cataláns

Non é un recurso retórico, non, pois teño amigos/as cataláns e ando preocupado pola zozobra que estades a pasar. Non poido deixar de pensar na esquisita amabilidade coa que fun recibido na vosa terra e concretamente nesa cidade por excelencia que é Barcelona cando cheguei aí disposto a gravar os meus primeiros discos en galego. Corría o ano 1969 e axiña palpei o sentimento que había en vós de pobo diferenciado, de amor pola vosa lingua e cultura. Barcelona era a vangarda cultural de España, a cidade máis próxima a Europa  no xeográfico e no seu modus vivendi, onde falar catalán era normal pero respectando, dado o seu caracter cosmopolita, outras linguas e culturas. Immaxino que por afinidade, por simpatía,  a “Nova Canción Galega” foi recibida cos brazos abertos na vosa terra, e Barcelona  constituiuse no noso centro operativo. Alí sentinme como na miña propia casa. Fun feliz en Barcelona grazas a que me considerei, maila ser galego,  coma un de vós. Non creo, é máis, case estou seguro de que a maioría  non queredes írvos. Non puidestes votar con normalidade e ese referendum ao que agora se acollen os independentistas quedou, polas rexeitables razóns coñecidas, nun simulacro de consulta que a todas luces non podía ser vinculante para proclamar unha DUI como a que o venres proclamou o Parlamento catalán.  E téñovos  que confesar a miña tristura porque confundiuse aos independentistas co pobo catalán dun xeito  sesgado e intencionado. Creo, amigos meus, que todo isto se lle foi das mans aos promotores secesionistas e nalgunha medida tamén ao goberno de España e agora semella que todo se complicou e que a aplicación do artigo 155 pode ter consecuencias imprevisibles. É posible que algúns estivérades o venres na praza de Sant Jaume xunto as 16.000 personas que alí estaban apoiando ao independentismo pero, reitero, ese non era o pobo catalán e si tan só unha numerosa representación dunha parte do mesmo que ten todo o dereito a manifestarse. Sería moi interesante coñecer a opinión do censo total de votantes pois se iso fose posible o mesmo agora non estaríamos falando disto. Tal e como están as cousas semella ser este un tema de dificil xestión. É probable que as eleccións convocadas a curto prazo polo goberno español poidan estar condicionadas pola posibilidade de que nesas datas os líderes independentistas estean procesados ou incluso na cadea. Veremos. Recibide unha forte aperta e na medida do posíble os meus mellores desexos de concordia.
 

Queridos amigos cataláns

Te puede interesar