Eses pequenos despistes

Existe un numeroso grupo de xente que experimenta unha temporal perda de memoria, algo que en certa maneira chega a preocuparnos cando nos decatamos que esto nos ocorre. E cando digo que nos preocupa o fago con coñecemento de causa porque a min me pasa con certa frecuencia e imaxino que a vos tamén sobre todo aos que xa chegamos a unha certa idade. Ay, que fácil é botarlle a culpa a idade, nonsi? As veces esas lagoas mentais as desculpamos aludindo a que somos despistados por natureza, cousa que pode influir, pero non reparamos que co paso do tempo son normais esas pequenas carencias relacionadas coa memoria que, valga a redundancia, carecen de importancia, sónche inherentes ao paso do tempo. 
Quen non pasou pola tesitura de estar falando e de súpeto “írselle o santo ao ceo”, ou tratar de dicir un nome e non dar con el, ou ir a un sítio da casa e non decatarse a que? O normal é que pasados uns segundos volvamos ao fío da conversa, que o nome que non saía apareza e que saibamos o que íamos buscar a outro sitio. Non haberá problema namentres sexamos conscientes de que nos pasa iso, non se trata do paso previo a unha demencia o a un  alzheimer e si algo consubstancial a aqueles que superamos unha idade e no noso particular disco duro, nesa marabilla chamada cerebro, xurden eses pequenos desaxustes que axiña corrixe sobre a marcha. Freud falaba de que uns recordos poden encubrir a outros e que polo miúdo esquecemos aquilo que desexamos esquecer, pero isto xa levaríanos por outros intricados camiños dificiles de transiatar para un profano nesta materia como é o meu caso. Dentro do numeroso grupo de momentáneos esquecedizos haiche de todo: uns que o son e outros que se fan, estes abondosos no goberno dicindo e esquecendo o que dixeron, prometendo e esquecendo o que prometen convertendo a súa consciente perda de memoria en mentira porque o que esquecen, a sabendas, esquecido queda. 
Non reparan en que, chegado o momento, os supostos votantes o mesmo tamén esquencense deles. Pero non sei por que diaños pasei de comentar iso da temporal perda de memoria coma algo natural e din en mentar as mentiras do goberno; non era esa a miña intención. Hoxe nada máis pretendía compartir as miñas pequenas perdas de memoria con aqueles que  me len e lles pasa o mesmo por aquilo de que as cousas compartidas lévanse mellor Pois ata aquí chego. Por certo, con quen quedaría hoxe as doce...? 

Eses pequenos despistes

Te puede interesar