80 aniversario dunha barbarie

A semana pasada cumpliuse o 80 aniversaro do fusilamento, no castelo de en San Felipè, de Amada García e sete condenados máis nunha parodia de xuízos cuxo propósito consistía en eliminar a calquera desafecto ao “glorioso movemento”, e a que non quedara un “roxo” vivo no Ferrol e contorna, e abofé que cumpriron con eficacia esa encomenda. Tan só na miña vila foron 90 persoas as que se levaron por diante, entre elas a Amada Garcia que por as especiais circunstancias do seu asasinato, converteuse na icona de todos os represaliados de Ferrolterra. Cada 27 de xaneiro, no muro onde foron fusilados na fría mañanciña daquel día do inverno de 1938, dun tempo a esta parte fáiselles un recoñecemento cunha ofrenda floral porque os tempos son chegados xa para honrar a súa memoria moitos anos concientemente esquecida pero presente no memorando colectivo. Houbo moitas cruces monumento para os que dician caídos por Deus e por España e nada para os que deixaron a vida fronte a un pelotón de fusilamento víctimas de envexas, calumnias e mentiras lonxe das trincheiras. As guerras deixan ao descuberto a parte máis ignominiosa do ser humano e en menos proporción as máis valiosas como a misericordia, o perdón e o humanismo na súa acepción máis ampla. Desto último houbo ben pocuco no bando que venceu na guerra e cebáronse na retagarda onde Amada García e outros moitos cometeran o delito de defender un ideal e a legalidade vixente. Ninguén sensato dubida da represión que houbo no outro grupo onde tamén cometéronse horribles barbaridades, pero dito isto é xusto engadir que non hai equidistancia posible. Das 45.000 victimas na retagarda no bando republicano hai que engadir máis de 100.000 do chamado “nacional” máis case 60.000 que seguiron á represión franquista despois de rematada a guerra. Os historiadores están aínda pescudando estes porcentaxes pero a cousa semella que vai por aí. Os represaliados do bando republican foron ben identificados, con todo aínda hai máis de 115.000 desaparecidos da represión franquista polos montes e cunetas de España o que nos sitúa no segundo lugar do mundo neste arrepiante podio despois de Cambodia. E aí seguimos coa cruz do noso particular holocausto.
Amada García, Antonio Eytor, Ángel Roldós, Juan J. Teijeiro, José Mª Montero, Germán López, Ramón Rodriguez e Jaime González caeron víctimas da sin razón o 27 de xaneiro do 1938. Honra haxa para eles!
 

80 aniversario dunha barbarie

Te puede interesar