23-F. 36 anos despois

Non son historiador e xa que logo corro o risco, ao facer a estas alturas un comentario sobre o 23-F, de pisar un xardín con certos labirintos dos que me podería resultar difícil saír, pero son dos que pensan que, despois de 36 anos daquel intento de descabezamento da democracia, aínda quedan espazos obscuros sobre os que é necesario proxectar luz que dea claridade e poña a cada un no seu sitio. Sobre o 23-F contóusenos una versión oficial sesgada, manipulada e interesada. Aínda non sabemos de certo si se desclasificaron todos os papeis que poderían rematar dunha vez por todas cun sen fin de conxecturas sobre os auténticos promotores e ideólogos daquel intento invoucionista. 
Pasaron 36 anos, dúas xeracións, e o mesmo a estes mozos de hoxe xa lles importa pouco o como e o porqué. Pero unha cousa é que non lles importe, que non teñan curiosidade, e outra moi distinta é que, a estas alturas, esteamos facendo cábalas respecto a este capítulo importante da historia do noso país. Contáronnos moitas milongas, tantas que nos encheron de dúbidas, obrigándonos a facérmonos moitas preguntas.  Estiven o xoves no Ateneo onde proxectose un documental e falouse deste tema. Cheo total e animado coloquio no que saíu a relucir a tendencia que existe en Ferrol por parte dos sindicatos e partidos a colocarse en primeira linea, en pugnar por quen tivo máis protagonismo en opoñerse ao golpe, os que puxeron pes en polvorosa e os que non, etc. Pero para min o máis importante foi que se falase do papel do Rey ao que os medios de comunicación, desde entón ata hoxe, presentáronnolo como o salvador da democracia e o adaíl da liberdade, sen atreverse ninguén a cuestionar esta opinión perfectamente deseñada para engrandecer a figura do monarca e que, de tanto repetila, se converteu en dogna de fe. Eu sempre tiven dúbidas ao respecto.
Un golpe de estado non se expón dun día para outro, non se improvisa. Resulta por outra banda significativo  que un dos promotores da insurrección fose Armada, titor e amigo do Rey,  que pretendeu formar un goberno de concentración ou de “salvación nacional” co concurso dos partidos políticos.  Sábese que Múgica e Armada falaron deste asunto. 
Cando Armada aparece no Congreso e lle presenta a Tejero una lista con 19 nomes pertencentes a AP, PSOE, PCE, algún renegado de UCD e Independentes, este dille berrando: eu non vin aquí para iso!. Aquel posible goberno de concentración presidido por Armada deseñárase para derrocar a Suárez que xa non contaba coa confianza do Rey nin  dá cámara, e nel figuraba Felipe González coma vicepresidente para asuntos políticos. Hai que ver!!
Este desleixo do monarca, implicado na trama dunha asonada para derrocar a un goberno democrático, foi acalado por un aluvión de loas  á súa figura dicindo que fora o garante e salvador da democracia e que os españois teriamos que lle estar eternamente agradecidos. Isto é o que posiblemente figure nos libros de texto que manexan os estudantes de secundaria. Ata aí chega a manipulación. 
Porqué será tan complicado contar a verdade desde o principio? Dicir o que realmente pasou evitaríanos seguir especulando sobre aquel 23-F de 1981 e continuar comulgando con esa  roda de muíño de que o Rey, co seu sabio proceder, salvounos dun desastre de consecuencias incalculables. Pero seguen co conto e nós tan contentos.
 

23-F. 36 anos despois

Te puede interesar