PRIMAVERA

Entre marzo e abril
sae o cuco do cubil.
Escoita o seu canto
e oirás later o corazón da fraga.

Xa é primavera. Canto nos tardaba ós galegos un respiro caloroso. No campo agroman narcisos de flores brancas e amarelas. As froiteiras de carabuña amosan con chulería flores brancas e rosas e deixan no chan  unha alfombra que dá mágoa pisar.
Os paxaros aparellados construíndo o nido. O sangue rebrinca nas veas. Hoxe antes de me ir á cama lerei poemas do inmorrente Rubén Darío. Din que a primavera o sangue altera. Anda que non!!
Na compaña de bos amigos visitei terras valencianas en plena fervura das festas falleras. A Federación de Hostelería e a Unión Hosteleira informan que a ocupación estaba ó 100% no centro e ó 98% no resto da cidade; a pesar do éxito proclaman que se fagan actividades falleras todo o ano para atraer máis turismo nacional e extranxeiro.
Talleres, pirotecnia, música, teatro, gastronomía, rutas falleras, plantà, masqletà, visitas ó Museo Artista Fallero (digno de ver e gozar del) e tanto máis.
Como son de emprendedores eses valencianos con inmensas hortas de naranxos patelos e froito color ouro. Riqueza e alegría na terra de “las flores, de la luz y el amor”. Sen dúbida algunha as mellores laranxas do mundo prodúcense no país valenciano, e comidas ó pé da laranxeira, manxar de deuses.
Este ano a falla gañadora co título ”Pantomima” era unha representación ardente de crítica ó goberno central e valenciano. Unha crítica ó poder, á corrupción e ó mal goberno, artífices dunha constante representación pantomímica, e tantas veces, de actitudes finxidas co fin de engañar ó tan sufrido pobo.
Valencia é terra de grandes artistas, escritores, músicos e excelentes cantantes. Quero lembrar hoxe a D. Vicente Blasco Ibáñez, inmenso novelista, periodista e político finado en 1928, que amais de dirixir “El pueblo de Valencia” e de ser deputado en cortes en sete ocasións, foi tamén un magnífico literato: Cañas y barro, Arroz y tartana, Sangre y arena, Los argonautas, Tierra de nadie e La Vuelta al mundo de un periodista, entre outras tan coñecidas obras.
Valencia foi fundada no ano 138 a.C. polo cónsul romano Décimo Junio Bruto. Durante a época romana foi unha cidade eclipsada pola importancia da súa veciña Sagunto, alcanzando un importante desenrolo na época árabe e máis tarde. Xa na Idade Media, foi capital financieira da España dos Reis Católicos.
Nunca te acostarás sen saber unha cousa máis. Tiña entendido que, “estar a la luna de Valencia era estar sen nada, cos petos baleiros, ou frustado nas esperanzas do que un desexaba; mais tomando gustosa horchata de chufa con un típico pastel “fartón” na peculiar horchatería Santa Catalina, mesmo no centro da cidade ó pé da Catedral, unha fermosa dependenta do establecimento baixoume da burra.
Disque a popular frase procedía da época Medieval. Que na daquela cidade rodeada de murallas, con 13 portas de saída e entrada cerraban ás doce da noite, aquel que non estivera antes durmía fóra, á luz da lúa. De aí o dito, que tamén me confirmou logo un guía do hotel.
Aínda que eu non creo que as familias fidalgas e ricas durmiran fóra –en especial os Serranos, cuxa porta e torres se consérvan en bo estado– a non ser sufriran da irresistible “caloret” como  a alcaldesa Rita Barberá.
Aínda que no xornal “El mercantil valenciano” leo que a alcaldesa no discurso da “Crida” estivera moi esaxerada e desproporcionada, “lo que es evidente es que en Fallas los valencianos le sacamos punta a todo. Somos así… socarrones”.
Eu penso que a caloret, caloreta, calor, fogaxe de dona Rita pasara a dentro do corpo ó través da gorxa, por eso tanta euforia e ardentía.
De Valencia gustoume o paseo do porto, a lonxa Patrimonio da Humanidade pola Unesco dende 1996, a Albufera, a comarca de Guadalest (Alicante), onde se produce o 90 por cento das nésperas de toda España, e por suposto, por riba de canto vin, o Museo Artista Fallero.
Ir a Valencia e non ver este curioso, único, sen par museo, é pasar no bico dos pés.
Aínda que a verdade é que en Galicia –a non ser calor– temos tanto e máis que en calquera parte de España. Só nos faltan iniciativas, eliminar o feísmo que por algunha parte martiriza a vista, acondicionar estradas do interior, elaborar rutas verdes a pé e en bici, e concienciarnos de que o turismo non só é a catedral de Santiago, nin os camiños que alí levan.
Libre, como el Sol cuando amanece, yo soy libre. Como el mar….. Único, inesquecible NINO BRAVO.

Te puede interesar