Nin abandonar, nin abandonarse

vida é eso. Só eso que a cotío acontece por dispares camiños, nun mundo de cordos e de tolos ao 50%. De espiñas e corazóns sensibles (que tamén hai). De mentiras como mares sen fin. De verdades que ninguén escoita. De luces e sombras irreversibles. Todo. Algo. Nada. Reputación. Esquecemento. Prepotencia. Covardía. Gula irreverente. Humildade. Dominio. Miseria. Escura virtude. Dor, por todos os seres que están nese invisible, profundo e eterno silencio. Eses que nin tan sequera son número.
Dicía o físico e político Benjamín Franklin, que “a ociosidade desgasta máis ca o traballo”, e o poeta e filósofo Waldo R. Emerson (ambos estadounidenses), que “abandonar puidera ter xustificación, abandonarse, nunca”.
Teño un amigo que quedou sen traballo vai para dous anos dunha empresa que, como tantas, tiveron que pechar as portas ou reducir plantilla nesta onte tan importante comarca industrial e que, anque hoxe esquecida, quizais durmida, ten que se recuperar cando volva o sentido común dos nosos rexedores políticos, sindicais e empresariais. Que volverá.
O meu amigo defendendo as teses de Franklin a Emerson, cóntame que para el é moi difícil estar sen facer algo e que, á parte de mandar currículos a cantas empresas asentan en Galicia - daquí non quixera marchar, dime - fai camiñadas xa cedo, le e estudia e bota unha man á familia e aos amigos daquela que precisen del. É o que adoitamos dicir, “un manitas”.
É dos que nin abandona, nin se abandona, e coma moitos e moitas non se renden e seguen na loita, non aceptan a caridade, queren traballar e ter un salario digno, e unas condicións laborais conformes ao s. XXI, de responsabilidade e respecto mutuo entre el e o seu empregador dentro dun cambio social e productivo na procura da melloría que repercuta na colectividade da empresa.
Cando hai bo fluído e entendemento, empresario e empleados traballan a gusto e loitan pola mesma causa: A súa empresa. O seu futuro.
Como tantos e tantas, o meu amigo é dos que queren desembarcar da nave pirata “crise”, esa que dende as súas bodegas desprende un tufo irresistible a corrupción, ladroízo, e a política arcaizante.
¡Xa basta! A maioría dos españois sabemos de onde partiu a crise, e a que se debe; incluso, que a recesión do país está sendo agudizada polos propios gobernantes que, ou camiñan polas nubes ou polo subsolo; poucas veces a canda nós, o pobo.
Anque tamén, sabido é que cada día que pasa a política en xeral camiña máis rodeada de imposturas, de falsidades, de palabrería trivial, miserias, inxustizas e cambios a peor. O goberno (os gobernos) non son capaces de resolver os graves problemas cos que nos atopamos os cidadáns.
Se seguimos sen entendernos, enfrontados todos con todos, se seguimos sacando dun lado para levar a outro mercando votos, se actuamos de xeito subxetivo, se a Xustiza só defende aos poderosos, moi mal imos.
Cara a un mundo global, pero sen orde. Un país de “salvese quen poida”. O peixe gordo come ao flaco, e cando non haxa flacos, comeranse entre eles.
Certo, no Estado Español algo melloramos dende o 2007, pero para onde vai o 95% desa melloría? A clase traballadora (con empleo, no paro e xubilados) non o percibimos. Cantos millóns de españois viven agochados tras dunha incerteza contínua, sen nin sequera poder pensar, xa non digo saber do seu futuro e do da súa familia.
Namentres o paro non sexa reducido á mínima expresión, os salarios e as pensións non suban de xeito que se poida vivir con dignidade (sen termos que pedir caridade, subterfuxio de inxustiza); sen termos que vivir prisioneiros dos intereses do poder.
Namentres os canallas que fixeron tanto estrago económico ao país non devolvan con réditos o roubado e paguen na cadea os seus delitos, unha gran maioría de cidadáns seguiremos viaxando nos vagóns de cola por moito turismo e peregrinos que nos visiten, e moita propaganda que o goberno faga.
Mentres teñamos políticos apegados ao sillón e aos intereses partidistas e privados, a crise seguirá viva. Síntoo polo meu amigo, e por tantos millóns máis.
 

Nin abandonar, nin abandonarse

Te puede interesar