Rajoy apela ao medo

Rajoy está a usar ao Fiscal Xeral do Estado para impedir o referéndum catalán do 1-O. Os primeiros intres desta campaña amosaron esceas propias do camarote dos Marx, coas forzas policiais na percura de papeletas ou de urnas por Catalunya adiante. Mais axiña Maza demostrou que o seu obxectivo era sementar o medo nos políticos e funcionarios e mesmo nos voluntarios que participarían no proceso electoral.
Deste xeito, chamou declarar como investigados perante cadansúas Fiscalías Provinciais catalás aos máis de 700 alcaldes  que apoian o referéndum. Tamén obtivo medidas cautelares para prohibir actos pro referéndum e para intervir material de propaganda. O seguinte paso deuno o Consello de Ministros coa suspensión pola vía de feito da autonomía financeira catalá recoñecida no Estatut vixente. Esta enxurrada de actuacións xeraron unha xeira de fotos de moi mala presentabilidade internacional. Á sona exterior de tolerancia coa corrupción do Goberno do PP engádese agora a restrición de facto das liberdades de expresión e manifestación, e non só na Catalunya. Velaí a remuda cualitativa das manifestacións do  presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker. Malia que manteña as formas apelando á necesidade dun referéndum concertado advertiu que recoñecería o seu resultado, nunha clarísima chamada  á política que non fai o PP.
Mais a Rajoy desenvolver esta antipolítica de pao e denuncia non lle causa dano electoral . Outra cousa son os danos irreparábeis que poden xerar na relación entre Catalunya e España e mesmo na propia convivencia democrática entre españois. Deste xeito, Pedro Sánchez haberá decidir o 2-O se permite que siga esta perigosa deriva antidemocrática ou opta por lle sinalar a Rajoy o camiño da súa casa.

A arrincadeira
Bautista Alvarez encarna o sacrificio patriótico dunha xeración que defendeu o dereito á autodeterminación e a ruptura democrática fronte á reforma e á limitada autonomía da transición. Xusto é que o país lle recoñeza o seu grande traballo, mesmo os que sempre mantivemos fondas diferenzas a respecto das súas coordenadas ideolóxicas e do seu xeito de comunicar.A cidadanía respostou de xeito positivo, amosando que lle preocupa a educación en que quere unha educación que posibilite para o pensamento crítico e non só provea de contidos. Unha educación que constrúa persoas e non simples produtores ou consumidores.

Rajoy apela ao medo

Te puede interesar