RESPECTO

Estou seguro de que se pode abordar a xestión e programación das festas de Ferrol dende distintos puntos de vista, algúns ademais poden resultar moi rendibles politicamente falando. Eu quero resaltar unha cuestión que seguramente é menos espectacular pero certamente é ben definitoria da situación da nosa sociedade.
A absoluta falta de respecto polos axentes culturais da cidade, aqueles que gastan e arriscan o seu tempo e os seus recursos en manter a vida escénica e musical deste Ferrol coa maior dignidade posible. Artistas que se esforzan en crear, auténtico motor da cultura, que escapan dese castrante bucle de manterse na comodidade do coñecido e apostan por avanzar e presentar novas e arriscadas propostas. É certo que as festas son só unha parte da Concellería de Cultura pero tamén o é que os recursos e repercusión desta parcela é a maior de todo o ano. Para a próxima feira do libro, Belén Esteban por favor.

 

RESPECTO

Te puede interesar