OXINON

De cando en vez a realidade informativa permítenos aprender cousas novas. Por exemplo agora a maioría sabemos que NON en grego se di OXI. Non temos tan claro cual é o termo empregado para o SI. Isto é así porque a decisión do pobo heleno foi moi clara e boa parte da nosa sociedade posiciónase sentimentalmente e con entusiasmo ao seu lado. É certo que parece duro o camiño que lles queda por diante pero optaron por non deixar dirixir as súas vidas por poderes aos que nunca votaron. Óese en moitos foros tratar o acontecido como unha sorte de aquelarre de tolos idealistas pero esa unión dos pobos merece bastante máis de utopía que do comercio escuro en que parecen tela convertido dende algúns despachos. Se Europa merece un futuro conxunto será baixo as premisas que sitúan as persoas por enriba dos valores económicos que parecen intentar escravizar boa parte dos seus habitantes, fundamentalmente os que habitan no sur como nós.

 

OXINON

Te puede interesar