HORROR

Non é doado achegarse a determinados temas dende a perspectiva da arte. Os propios condicionantes da natureza da obra plástica desvían a atención do realmente importante naquelas creacións que teñen como obxectivo fundamental a denuncia de situacións que nos rodean. Así pasa por exemplo nesa colección de horrores que Goya dedicou aos “desastres da guerra” que lle tocou vivir. Imposible non se sentir sacudido por tanta crueldade pero non menos certo é que ao mesmo tempo nos sentimos fascinados pola calidade creativa do xenio aragonés. Non sei se é posible escribir tampouco algo que poida remotamente trasladarnos ao sufrimento que se está a vivir agora mesmo en Gaza, eu dende logo non son capaz. Os que somos pais dificilmente podemos aguantar un breve segundo o exercicio mental de situar aos nosos fillos entre eses nenos que vemos nos informativos. Sempre fomos uns malditos tolos, eficaces para matar.

 

HORROR

Te puede interesar