NON SON CIFRAS

Quixera ter o espacio suficiente para falar de Ana ou de Dolores, de Belén de Petra ou de Remedios. Cada unha delas e tantas outras, víctimas este ano da violencia machista. Merecedoras de que estas situación non se repitan e merecedoras de ter disfrutado de recursos cos que algunas delas non contaron; mulleres que eran e son do norte, do sur, de ciudades e de aldeas, porque os tentáculos do terrorismo machista alcanzan todos os puntos da xeografía e a mulleres de toda idade e condición.

O retroceso nos recursos destinados  a loitar contra a violencia de xénero é evidente, tanto que diminúen as denuncias, as chamadas ao teléfono 016 e as ordes de protección, tanto que aumenta a retirada de denuncias e o número, esa cifra terrible, de mulleres asesinadas que tiñan posta unha denuncia.

O recente Informe Sombra pon de manifesto a debilidade das actuáis políticas destinadas á atención e protección das mulleres vítimas de violencia. No seu primeiro punto denuncia a carencia de medios na loita contra a violencia  de xénero neste país; engade a alarma ante a reducción e desequilibrio territorial nos servizos de atención integral a mulleres; reproba a escasa coordinación interterritorial e a permanente ameaza en relación coa continuidade e a cantidade da rede de recursos de información, atención e recuperación das vítimas de violencia.

No goteo de desaparición de recursos, atopámonos co peche de casas de acollida, centros para mulleres, oficinas de información, recursos de atención a vítimas de delitos, centros para mulleres con dificultades específicas e aínda a desconfiguración do Instituto da Muller.

Non son menos importantes os recortes en presoal, en horarios e en salarios que inciden negativamente na calidade destes servizos públicos. Dos que quedan.

Temas que non son novos, que veñen sendo denunciados  polas asociacións feministas, por profesionais  e polos partidos que hoxe fan oposición aos gobernos do Partido Popular, lamentablemente con pouco éxito.

Neste caldo de cultivo de abandono e desintegración de recursos, o terrorismo machista está alcanzando hoxe unha virulencia que é xa extrema. Trátase por tanto dun tema de Estado que require actuacións de Estado, un pacto político que presenta á cidadanía deste país e especialmente ás mulleres vítimas de violencia, as súas fillas e aos seus fillos, solucións e certezas de forma urxente e clara. Trátase de vida ou de norte, de dereitos das mulleres e de dar resposta a alarma cidadá.

O Partido Socialista sempre tivo a igualdade, e específicamente a loita contra a violencia machista, na súa axenda política e esta centralidade plasmouse na aprobación da Lei integral contra a violencia de xénero, primeira lei aprobada polo Goberno socialista en 2004. É imprescindible continuar co desenvolvemento desta lei porque, efectivamente, é unha boa lei, unha  lei que ensancha os límites da igualdade e os espacios de liberdade, de seguridade e de dignidade das mulleres.

Hai que restituir o orzamento, hai que incrementar a sensibilización e a prevención, hai que retornar á educación en e para a igualdade e á prevención da violencia nas aulas, hai que incidir na formación de profesionais. Hai que garantir a protección efectiva das mulleres e das e dos menores.

Basta de frenazos no desenvolvemento da lei; basta de desatención e basta de recortes, porque os recortes non matan pero axudan, as condolencias non protexen, as boas palabras non son eficaces na loita contra a violencia de xénero.

Se o Goberno non quere seguir a xogar coa vida das mulleres é necesario conxugar eficacia e orzamento, coordinación e rigor, vontade política e recursos  e medidas. É imprescindible que reaccione e agora é o momento. Porque xa son máis de 40 mulleres asesinadas e non son cifras. E porque saír do círculo terrible da violencia machista é posible.

NON SON CIFRAS

Te puede interesar