Robo de cerebros, robo de soberanía

En EEUU onde o pragmatismo é relixión, dende fai moito tempo saben que investir en I+D+I é probable o negocio máis rendible, superando incluso, ao comercio dos esteroides, hormonas e anabolizantes negocio que, xa desbanco dende fai tempo en beneficios ao trafico ilegal dos estupefacientes. Por cada dollar que priorizan en EEUU en investigación, recuperan aproximadamente uns cincocentos dollares polas patentes e aínda que mirar a investigación so como negocio presenta inconvenientes, como por exemplo, que non se invista o suficiente na chamada ciencia base a cal, pode que nela este as solucións ao cambio climático, que é o desafío máis grande que vai ter o ser humano nas próximas décadas, supón empregar fondos en I+D+I, que os países teñan en ámbitos vitais pra o seu desenvolvemento soberanía plena. Nos EEUU o saben ben, por iso, son grandes receptores e “buscadores”(máis ben ladróns sobre todo dos países menos desenvolvidos) de investigadores de todas partes do mundo aos cales, lles dan todas as facilidades e contratos vantaxosos e suculentos pra que investiguen nesas terras e estean contentos .
Polo contrario na España do PP, parece que o tema do I+D+I non lle acaba de gustar xa que, por exemplo en terras valencianas, no dubidaron tras a vitoria de Mariano Raxoi nas eleccións fai catro anos, cargarse un dos laboratorios de investigación punteiros a nível mundial na busca de solucións contra o Alzheimer dando por desculpa, falta de cartos por culpa da crise, porén nesas datas máis de cincocentos altos cargos foron contratos polo goberno da comunidade valencia (PP) moitos dos cales, como único mérito era ser filla o fillo de papa, con salarios escandalosamente elevados. Cabe destacar que o Alzheimer será dentro de vinte anos un dos problemas maiores ao que se vai enfrentar os sistemas de saúde, moitos dos cales, poden estar en serio risco de quebrar por culpa desta doenza.
Mentres tanto aquí na nosa terra Galiza, coa chegada de Nuñez Feixoo a Xunta fai oito anos o primeiro que fixo ademais de cargarse a língua galega e o plan eólico o cal, era probable un dos negocios máis rendible que tivo Galiza na súa historia, foi botar das universidades ducias e ducias de mozas e mozos investigadores dando por desculpa, de que o ámbito da investigación co bipartito estaba grande de máis e que con a crise non había cartos e tiñamos que pagar as débedas. Porén Galiza, oito anos máis tarde, multiplicou por sete a súa débeda a pesar de botar a rúa a investigadores, mestres, enfermeiros, funcionarios ect... Cabe sinalar que calquera pais como Galiza, con sectores estratéxicos como o naval, a enerxía do vento, automoción por dicir algúns estarían a investir fortes sumas de diñeiro pra obtención de tecnoloxía propria. Por poñer un exemplo a maior parte do custo de un barco que se fai nos nosos estaleiros, levala toda a maquinaria a cal, é alemaña inglesa estadounidense xaponesa ect.. Aquí nos so facemos a carcasa
Esto o saben moi ben en Alemaña, que a súa chanceler vino dúas veces a Galiza pra buscar traballadores e firmar acordos, pra que tiveran todas as facilidades ao chegar a Alemaña. Máis agora non viña a buscar camareiros, nin albaneis, nin fontaneiros. Viña a buscar investigadores preparados na Galiza con cartos públicos e que a Merkel quería que foran pra Alemaña a crear riqueza e desenrolo, en un claro intento de roubo cerebros. Nin que dicir ten que a fuga de persoal altamente cualificado de un pais a outro, supón un atraso de anos no desenrolo de dito pais, ademais da perdida importante de soberanía que isto supón, ao depender pra o seu desenvolvemento xa que, non se inviste en I+D+I nin se ten o persoal pra investigar, da tecnoloxía doutros países ao non tela propria.
Por todo isto é importante que o próximo 25 de setembro nos programas dos partidos pra os próximos catro anos de goberno na Xunta de Galiza, nos fixemos neste aspecto e miremos quen ten programa que desenvolva a investigación e dicir o I+D+I, que miremos que partidos no seu programa falan da recuperación das mozas e mozos investigadores que están noutros países creando enorme riqueza, xa que dotar de recursos o I+D+I ,supón crear emprego, riqueza e desenrolo na nosa terra ademais de, facernos un povo máis soberano e menos dependente do exterior.

Robo de cerebros, robo de soberanía

Te puede interesar