Plásticos, plásticos e máis plásticos

TXT editVivimos nunha sociedade onde se  impuxo  dende hai xa uns cantos anos o usar e tirar como forma de vida. Non hai moito tempo, nos ferrancheiros comprábanse até as teas das sabas ou os tarros de cristal dos produtos, que viñan envasados nestes. Antes da chegada dos supermercados, a xente levaba a súa propria bolsa para traer a compra. Tamén os envases de vidro se pagaban e cando o levabas de volta reembolsábanche  os cartos e así un longo etc.. Todo se reutilizaba, todo se reciclaba.
Mais hoxe esa filosofía de vida cambiou e todo o que se usa, cando chega a súa fin  tírase. Un sistema que o único que está a traer, é un desperdicio dos recursos naturais, serios problemas medio ambientais e tamén para a saúde das persoas. 
Os científicos do mar están a avisar de que pra o 2050, haberá máis plásticos no mar que peixes se seguimos por este camiño. Cabe destacar que un tanto por cen moi elevado dos plásticos que consumimos van para os océanos e só unha pequena parte se recicla. A outra vai para os vertedoiros de residuos, os cales tamén están a ser un serio problema tanto medio ambiental como de territorio.
E non é unha banalidade que os plásticos estean nos océanos .O lixo mariño(case 6,5 millóns de toneladas de residuos van pra o mar cada ano) é un dos problemas medio ambientais máis importantes do planeta do cal entre o 60%-80% deste lixo é plástico. Unha parte importante destes plásticos é inxerido polos peixes,  non só en forma de plásticos visíbeis, os cales despois se atopan nas súas vísceras, senón tamén en forma de micro plásticos, os cales poden pasar ao metabolismo do peixe, co perigo que isto supón, xa que despois pode pasar ao noso metabolismo cando comemos estes peixes.
Hai un par de anos, un mozo inventor holandés, ideou un sistema pra atrapar a maior  parte do lixo flotante  o cal representa o 15% do total, que hai nos mares.  Cunha serie de barreiras e aproveitando as correntes dos océanos, este rapaz se xuntou incluso co ex- presidente afroamericano dos EUA pra que apoiara a súa idea. Mais aínda que se atraparía moito lixo (non os plásticos  xa degradados e convertidos en micro plásticos) tamén isto poría ser unha trampa para moitos dos peixes e outros animais que viven no medio mariño.
Indubidabelmente unha das solucións pasa primeiro, por desbotar o plástico non reciclábeis como envase, xa que unha simple bolsa da compra tarda case catrocentos anos en descompoñerse. Segundo o que hai que facer, é que o plástico e outro tipo de envases que consumimos evitar que acabe no mar, ben con medidas como están a empezar a adoptar,  por exemplo en Alemaña. Neste país os envases  páganse e despois  pódense levar de volta  ao establecemento e devolven o diñeiro. Tamén na Suíza, xa hai moitos anos, os supermercados non dan bolsas de plástico, a excepción dunha moi pequena para xente que merca un só produto. A xente leva as súas proprias bolsas de papel forte ou doutros materiais e tamén teñen a posibilidade de mercalas nos proprios supermercados.  Hai que sinalar que moitos envases de plástico poden ser reciclábeis,algo que se esta a facer en moitos países, incluso no Estado español por parte de empresas privadas, como por exemplo, unha coñecida marca de roupa, a cal usa un dos novos actores da política española. Esta empresa téxtil, usa os plásticos que os barcos de pesca atrapan no Mediterráneo pra facer roupa. Sería bo que Nuñez Feixoo tomara nota e empezara a tomar medidas para o lixo que serve se reciclara e  prohibir as bolsas de plásticos , aínda  que o noso presidente prefire darlle lume para, deste xeito, beneficiar aos seus amiguetes de Sogama 
Mais, sobre todo, o que hai que facer é un profundo cambio de sistema, onde os residuos se valoricen e haxa unha economía que non estea fundamentada no sobre consumo como fonte de crecemento, ademais de, empezar a dar os pasos pra chegar ao chamado RESIDUO CERO. A terra é finita e os recursos están a esgotarse por culpa dun vinte por cento da poboación. Vivimos nunha economía de usar e tirar, é dicir, nunha economía do desperdicio.Por poñer un exemplo  antes da caída do socialismo nos países do leste de Europa, unha pequena empresa da Alemaña marxista inventou un frigorífico que non daba fallo no seu funcionamento ata pasar os cincuenta anos de vida e cabe dicir que nesa Alemaña marxista leninista, tiñan traballo todos os que estaban en idade de traballar. Porque é un engano que haxa que vivir neste modelo  fundamentado no consumismo, neste sistema de usar e tirar para que haxa traballo. 
Nunca co capitalismo e menos neste marco neoliberal, que o único que fai é depredar, haberá pleno emprego, mais si é un sistema que o único que esta a facer é que, unha parte pequena da poboación esteamos afogando ao planeta. Porque co tema do medio ambiente, como dicía Flora Tristán, escritora e pensadora socialista, feminista francesa, mais de orixe peruana “Dúas cousas  chaman a miña atención: a intelixencia das bestas e a bestialidade dos homes”
 

Plásticos, plásticos e máis plásticos

Te puede interesar