Nin huna máis, nin unha menos

Ata finais de outubro cerca de 50 mulleres foron vítimas da violencia de xénero por parte das súas parellas no estado español. Un drama que ano tras ano deixa unhas cifras arrepiantes de feminicidios sen que as medidas que se adoptan polas autoridades, xeralmente escasas i en algúns casos erróneas, poñan fin a tanto dor e a tanto sufrimento. Máis cabe preguntarse como é posíbel que tendo unha sociedade moderna, cada vez máis educada e con máis recursos, este tipo de violencia exercida contra as mulleres vaia en aumento ano tras ano.
Indudabelmente a resposta é que hai varios factores mais un dos mais importantes é a socialización. Por socialización entendemos, o proceso polo cal homes e mulleres facemos nosos e aprendemos as pautas de comportamento social do noso entorno e máis concretamente, a socialización diferencial entre homes e mulleres implica, a consideración social de que nenas e nenos por natureza son diferentes e están chamados a desempeñar tamén papeis diferentes na súa vida adulta. Para isto desde pequenos, os diferentes axentes socializadores (familia, medios de comunicación, relixión, sistema educativo) inculcan aprendizaxes diferenciados no tocante a responsabilidades habilidades e destrezas
Deste xeito asociase como norma a masculinidade nos aspectos da vida social , con poder, política o traballo ben remunerado, tarefas que responsabilizan aos homes dos bens materiais, sendo este o fin verdadeiro do machismo “o control dos recursos por parte dun dos xéneros” neste caso o que ten a forza bruta.
Por outra banda asociase a feminidade, con pasividade, dependencia do varón, o rol de coidadora , encargada da afectividade ou da reprodución. Todo isto sinalado anteriormente, é parte dun proceso que fomenta a desigualdade e que fai que os homes teñamos o papel importante e protagonista, mentres que as mulleres desempeñan un papel secundario . Psicólogos e  feministas concordan que este tipo de mensaxe do masculino o importante e o feminino o secundario, son interiorizados polas persoas que acaban actuando e pensando en consecuencia e isto é, un dos principais problemas a hora de loitar contra a violencia machista xa que, moitas mulleres que sofren violencia acaban asumindo la e culpabilizando se dela.
Quen este a ler este artigo pode pensar que isto era así fai anos, non hoxe en día . Mais pensemos por un momento nas nenas e nenos. Aínda que nenas e nenos estamos xuntos desde as primeiras idades e isto pode dar entender que nos educamos igual, a realidade é que as rapazas e rapazes adquirimos gustos e costumes diferentes pola acción de determinados axentes socializadores, fundamentalmente os medios de comunicación.
A maioría dos grupos de nenos e nenas son grupos diferenciados e isto trae consigo, que as formas de relación que adoptamos sexan diferentes. E dicir, as chicas non paran de falar, rivalizan unhas con outras, critícanse.
Pola contra os rapazes competimos, nos medimos, nos pelexamos, compartimos deportes ect.... Todo isto trae consigo que no momento que as hormonas empezan a facer o seu traballo e empezamos a gustarnos e consecuentemente nos xuntamos, isto trae consigo repito, que chicas e chicos non falemos o mesmo linguaxe. Nos nin as comprendemos, nin entendemos que lle gusten certas cousas, como que sexamos sensíbels, que teñamos detalles con elas ect...como proba do amor. Elas queren que as escoitemos mentres que nos, o único que facemos e espilas e comelas cos ollos.
Ademais aínda hoxe en día aos rapazes desde pequenos se lles socializa pra que a súa fonte de realización na etapa adulta proveña do público, mentres ao mesmo tempo reprime se lles e ensina se lles a controlarse no eido afectivo é dicir, a esconder os sentimentos
Cabe sinalar que a masculinidade asociase con agresividade, dominio e violencia sendo isto símbolo de virilidade. Polo contrario as rapazas  ensina se lles a que súa fonte de realización na etapa adulta proveña da intimidade, do privado, non inculcando se o valor do traballo como obrigación fundamental senón que, prepara se lles pra esfera afectiva e da reprodución, aínda que na actualidade a muller permite se lle que invada o campo masculino, sempre e cando non abandone o que se considera proprio delas.
Xa para rematar,é indudábel que a muller onde alcanzou as maiores cotas de igualdade foi nos países socialistas, sobre todo na antiga Unión Soviética e Cuba, máis nas nosas sociedades compre acabar co modelo de socialización diferencial, se queremos acabar con un dos factores principais da violencia de xénero. Para isto é fulcral cambiar en moitos aspectos o sistema educativo ademais de, controlar, censurar e repensar os contidos nos mass media(desde a publicidade, as series, musica ect..) se realmente queremos conseguir un mundo onde homes e mulleres estean ao mesmo nível e ningunha muller máis teña que sufrir esta lacra da violencia de xénero.

Nin huna máis, nin unha menos

Te puede interesar