Crecemento-consumismo-refugalhos

Vivimos nun mundo onde o consumismo é o motor de crecemento dos países. O sistema capitalista deixou paso ao neoliberalismo máis salvaxe que o que busca é que tudo este baixo dominio privado e a participación do estado na economía sexa mínima. A socialdemocracia que naceu co fin de domesticar ao capitalismo, foi derrotada na súa totalidade e o que fixeron os partidos chamados socialdemócratas é unirse nas súas políticas económicas ao sistema neoliberal. Um sistema que busca através do consumo o máximo pracer pra os consumidores, principio fundamental do hedonismo. Mas tudo este consumo esta a traer serios problemas ao planeta. Primeiro a intensiva extracción de materiais cos que fazer os obxectos desexados  esta a fazer que os recursos da terra estean se esgotando. Ben sabido é que si tudos os habitantes da terra consumiran o que consume um habitante dos EEUU se  necesitarían dois terras e meia. Esto nos ven a dizer que nom tuda a humanidade tem acceso ao sistema de vida do primeiro mundo, dandose o paradoxo , que si son eles( os excluídos ,a maioría) os que aportan fundamentalmente os recursos (madeiras, minerais ect...).
   Em segundo lugar ao viver num sistema capitalista na súa máxima extensión as mercadorías nom interesan que duren senón que, é máis interesante que tenhan uma vida corta e que haxa que arranxalas e trocalas constantemente. Soamente nos países socialistas (marxistas) se buscaba a máxima durabilidade dos produtos xa que este sistema nom basaba o seu crecemento no consumo. Ao ter que estar cambiando os bens de consumo se producen gran cantidade de refugalhos os cales, van na súa maioría aos vertedoiros.
Uns vertedoiros que o chamado primer mundo  permitese o luxo xa nom soamente de ter nas súas terras senóm que, tambén termos vertedoiros em países fundamentalmente “pobres” (sobre tudo africanos)onde van dende os refugalhos nucleares o tambén dende fai ums anos, os refugalhos provenientes das novas tecnoloxías (computadores, movels , mp3 ect...) os cales ,están a ser xa um serio problema meio ambiental pra estes países.
Mas o problema de tudos estes residuos  serían facilmente solucionábel, ben fazendo os bens de consumo o máis duradeiros posíbel no tempo e tambén na súa construción fazelos com materiais reciclabels tecnoloxía da cal xa se dispon.
Poren há um tipo de residuos que o tratamento que se lhes da nos indica que vivimos em um sistema de desbarate e despilfarro sem parangón na historia da humanidade. Estou a falar dos residuos orgánicos.
Hoxe em día se sabe por estudos feitos pela administración que cada pessoa produce entre1,6 e1,8 kilos  de residuos sólidos ao día dos cales, um 40 por cento son residuos orgánicos (600-900 gramos).  Tambén se sabe e a humanidade o leva fazendo dende que se descubriu a agricultura que os residuos orgánicos son uma fonte de excelente abono tanto pras terras de uso agrícola como pra recuperar terreos de monte queimados.
Na Galiza este tipo de residuos e outros a administración gobernada pelo PP os leva a queimar a planta de Sogama,uma planta que com a queima dos refugalhos debería producir enerxía mas a realidade e que non produce nim pra auto alimentar a instalación.
Uma planta que aparte de ser uma ruína económica (mantense cos cartos do erario público a pesar de que é privada) é uma bomba meioambiental e pra saúde dos galegos e galegas (informes científicos falan de um aumento do cancro nos lugares onde se instalan as incineradoras e tambén do paso a cadea atrófica das cinzas producidas pela combustión) e que so é defendida pelo PP com gran ardor a pesar de que, o ano pasado se presentou no parlamento galego una iniciativa lexislativa popular(ILP) promovida pela asociación ecoloxista ADEGA e apoiada pelo BNG que, rexistrou varias decenas de miles de sinaturas dos galegos pra o peche de Sogama e por uma xestión dos residuos que ponhan em valor estes e tambén sexa  sustentábel meio ambientalmente.Nom debemos obviar que nestes tempos de crise e cunha Galiza com  uma débeda que quase se multiplicou por catro dende a chegada de Feijóo ao poder, com quase 3.000.000 desempregados e a maior parte da súa xente moza emigrando ao nom ter posibilidades de trabalho na nossa terra é obrigado aproveitar tudos os nichos de emprego.
Sogama crea aproximadamente 1000 empregos entre directos e indirectos pois según varios estudios soamente com o compostaxe do lixo orgánico se duplicarían os empregos.
Xa algúns concelhos como por ex San Sadurninho na nossa comarca , Allariz, Pontevedra entre outros están a desenvolver programas de compostaxe como meio de baixar a factura municipal do lixo e pra darlhe uma saída ecolóxica a estes residuos.
Ademais o Concelho de San Sadurninho ven de crear um grupo de trabalho com os demais concelhos da comarca (os do PP negáronse a participar ) pra crear um sistema alternativo a Sogama ,máis ecolóxico, máis barato, onde as mercadorías ao final da súa vida produzan riqueza aparte de ser um novo nicho de emprego pra nossa comarca.
É  Indudável  que a creación de máis o menos residuos depende tambén de nos. Fazendo nosso o lema do ecoloxismo as chamadas 3R (redución-reutilización-reciclaxe) podemos contribuir em gran medida a ter um melhor meio ambiente Porén mentres tanto o que há que fazer é esixir as administracións em definitiva aos nossos representantes políticos  que deixen de subvencionar chiringuitos privados e que pasen a xestionar os residuos das nossas sociedades de xeito intelixente, ponhendo em valor os refugalhos, sem perigo pra o meio ambiente e sobre tudo sem risco pra saúde das pessoas. Xa pra rematar: “Carecer dalgunha das coisas que um desexa é condición indispensábel da felicidade” (Bertrand Rusell).

Crecemento-consumismo-refugalhos

Te puede interesar