SOLVENCIA

A solvencia dos que participan dun goberno municipal non se mide nas fotos que publicitas nas redes, senón na capacidade de resolver os temas da cidadanía. Ás veces confundimos a vida real da xente con aquel relato de papel cuché que queremos constuirnos. O realmente importante é o sentir da e do veciño, ou da entidade do barrio que cando ten que ir resolver un asunto ao Concello decide que non. Que están fartos da falta de resolución e que é unha perda de tempo. 
Cando iso pasa, xa pode vir o primeiro cabaleiro do reino que non hai foto bonita, nin pode aplacar a ruptura entre a veciñanza e a Institución, máximo nun concello porque aquí non hai posibilidade de eleccións anticipadas. Por iso, hai que sumar xente válida, vontades e votos suficientes. Un proxecto de cidade alomenos necesita sumar á metade máis un, algo obvio pero parece que non tanto. E o razoable un ano despois é celebrar o ben común
 

SOLVENCIA

Te puede interesar