• Sábado, 10 de Diciembre de 2016

Á marxe da maioría absoluta da dereita en Galicia, o PP está en franca 

Á marxe da maioría absoluta da dereita en Galicia, o PP está en franca minoría e as súas políticas cuestionadas, cada día queda máis claro que van en prexuízo das clases traballadoras e medias. 
Resiste Rajoy e no Parlamento dílle á oposición que vai vetar todas as súas iniciativas. Escúdase nos “compromisos de axuste no gasto coa Comisión Europea”, quere obviar que esta última é un goberno dominado polos seus a través do PP Europeo.
Os vindeiros 15 e 18 deste mes os sindicatos volven á rúa. Esixen anular a reforma laboral da dereita, a suba dos salarios, das pensións e do salario mínimo, o reparto da riqueza e a recuperación dos dereitos laborais e sociais. Un vento novo sacude ás organizacións sindicais, necesitados de renovación e de volver a “ocupar” os centros de traballo, necesitados de romper a súa afonía. Vémonos nas rúas para dar voz a unha saída alternativa á crise.