Prensa

Unha anécdota máis da campaña. Curiosa a estraña relación que manteñen determinados políticos, e máis cando máis anos levan, coa prensa. Son testemuña de como xente de militancia diferente considéranse “desamparados” polos medios de comunicación. Así nunha charla informal había quen dicía que realmente non sabían que facer porque non eran quen de lograr saír “adecuadamente” na prensa ferrolá. 
É obvio, os medios locais optimizan os seus recursos e deciden o que queren publicar ou o que consideran ou non noticia ou novidoso. Quizais aqueles que se consideran de seu “políticos profesionais” (supoño que polos moitos anos nos cargos) deberan entender que estes non estan ao seu servizo. Igual deberan saber que as campañas son para dialogar coa sociedade, poñer en valor ás e aos afiliados –a pesar do risco dunha militancia crítica– e de verdade unha relación directa coa cidadanía.

Prensa

Te puede interesar