As veces cremos que pódense coller atallos, para facilitar a nosa labor, sen darnos conta que estes acaban volvéndose camiños que nos levan a ningures. Así parece que lle vai acontecer ao noso alcalde, que pretendía trasladar ás mañás o plenos municipais.
Pero, quizais, o máis salientable é que é certo que a súa idea choca frontalmente coa idea da participación cidadá, cuestión que forma parte, cando menos, do discurso da esquerda. Sendo isto un curioso xeito de considerarse “rupturista” ou “rebelde”.
Máis este feito e as súas derivadas, non deberan pechar de súpeto o debate de como compaxinar a cualidade democrática e un eficaz desenvolvemento dos plenos.
É certo, que todo ten límites. Por que non limitar os tempos de intervención, como así faise normalmente en todas as Institucións? Acaso, non deben estes tempos estar en relación co peso político no Concello de cada quen?