Pepe Álvarez

CChegan aires de renovación aos sindicatos? Poderán afrontalos retos que teñen por diante, e lograrán zafarse dos diversos grupos de presión internos? Estas son as preguntas que facíanse moitas delegadas e delegados sindicais tras escoitar ao novo secretario estatal de UGT á saída da asemblea, do pasado venres en Compostela. En calquera caso, é necesario que o movemento sindical tome, aínda que tardía, o relevo ás mobilizacións do 15M.
O certo é que Pepe Álvarez traslada unha imaxe de solvencia non vista hai tempo nos sindicatos de clase. Renovación e folla de ruta. Un novo discurso que fala de volver á mobilización para o reparto da riqueza e recuperalos dereitos, que fala das cotizacións por robots que sustitúen á man de obra tradicional, da necesidade dunha relación directa entre a dirección e a base do sindicato nas empresas. Que cuestiona que Rajoy deba gobernar. Sorte! 
 

Pepe Álvarez

Te puede interesar