A mensaxe

As normas socialistas son claras para a elaboración das listas. Igualdade, paridade, renovación, código ético, representatividade e proxección social das e dos candidatos, principio de mérito e capacidade. Xunto a isto, é claro que a posibilidade de se converter o socialismo na forza hexemónica nas vindeiras autonómicas de setembro, depende da resintonía co voto urbano, na provincia da Coruña do voto nas súas tres grandes cidades e as súas bisbarras. Por iso, cal é a menxase se non conta con Ferrol? Cando xa se sabe que unha candidata da propia cidade, e co seu perfil de xornalista, é a máis votada de Ferrolterra na provincia pola propia militancia e a dirección provincial a relega ao posto doce. Cal é a mensaxe á agrupación de Ferrol que acadou un consenso unánime e onde unha parte da súa delegación no Comité Provincial, entre eles dous cargos públicos, votan con aqueles que queren deixar a Ferrol sen a súa deputada?

A mensaxe

Te puede interesar