Meninas

A capacidade de Eduardo Hermida, expresada este sábado no barrio de Canido, deixa ás claras que hai outra forma de sentir, facer e construír Ferrol en positivo. Ser capaz de unir un centenar e medio de pintores e músicos, a toda a veciñanza, así como ao sector hosteleiro co que en principio é un formato e unha idea sinxela, como a figura das Meninas, é salientable. Este feito ten moitas lecturas. Dende a propia sociedade civil que reocupa o seu espazo vital, dende a arte comprometida ata a reinterpretación propia e moderna dun Velázquez universal (e a partir de agora cun inegable selo galego). Pero, tamén da interacción entre culturas que viven xuntas e mistúranse, reiventándose mutuamente. Se alquén quería dar títulos de galeguismo ou tutelar o xeito de sentir un barrio, dicir como hai que vivir; este día todo Canido e un artista galego como Hermida, acompañado por amigos como Leandro Lamas, amosaron publicamente que este é o tempo das xentes e da vida que abre todas as fiestras á alegría. Parabéns Eduardo.

 

Meninas

Te puede interesar