MÁIS REVÁLIDAS

En maio a vella aínda quema o tallo e o PP seguirá a dar a murga coas reválidas. Pois si, seguimos de reválidas no ensino, porque dende a Xunta non queren escoitar ás anpas dos colexios públicos. 
E se non vai ter ningún peso académico, por que ese empeño de facelo a toda costa, por agobiar xa as nenas e nenos que para o ano van pasar aos institutos? Non se entenden tanto desprezo polo ensino público e polos dereitos da familias.
O asunto é se dunha vez imos á raíz do problema. No ensino público están perfectamente supervisadas a súa calidade e as capacidades do profesorado e do seu alumnado, non necesitan reválidas. 
Non é xusto que porque non haxa ese control nos ensinos concertado e privado, porque estes últimos non teñan alumnado senón clientes, paguen “xustos por pecadores”. Se a concertada e a privada necesitan reválidas, non poden pasarlle o seu problema ao ensino público.
 

MÁIS REVÁLIDAS

Te puede interesar