LISTA SESTAYO

É evidente que mañá a asemblea dos socialistas ferroláns referendará a proposta de Beatriz Sestayo. Pasou antes pola executiva, onde practicamente ninguén falou. Ela é a candidata e, polo tanto, ten o seu dereito a dicir por quen quere ser acompañada.
Hai que recoñecerlle valentía. É unha lista sen concesións, agás algún premio de consolación.
Fai unha proposta que é fiel reflexo da súa visión de sociedade, cidade e de partido. Valentía por presentar unha lista que pivota sobre profesionais independentes de clase media, nun Ferrol debullado con orgullo pola súa clase traballadora.
É irrelevante que outros puideramos facer outro tipo de candidatura para as municipais de maio. Indubidablemente, é a súa lista e seu será o seu triunfo. Publicamente, ela ten recoñecido ter unha enquisa propia que a postula como a próxima e primeira alcaldesa de Ferrol.

 

LISTA SESTAYO

Te puede interesar