A gran coalición

Qué tempos aqueles, nos que éramos radicais e estábamos á esquerda da esquerda! Cando dicíamos que o aprobado polo goberno de Rey Varela, para Ferrol Vello, era pura e dura especulación. Qué tempos aqueles, cando dicíamos que non se podía votar xunto á dereita, porque era unha traizón aos principios e alimentar a aqueles que falan da gran coalición para desgastar ao Partido Socialista!
Qué tempos aqueles, onde o secretario da política municipal socialista de entón –e autor deste artigo– tiña mandato da executiva e da súa secretaria xeral para rifar co seu grupo municipal por ser malos socialistas e cómplices da dereita! Pero, é a política... xa podemos votar xuntos dereita, socialistas e Ferrol en Común. A gran coalición. 
Porque hai un mesmo modelo de cidade, carencia de programa, imaxinación ou falta de coherencia? Que va! Eu, que son moi malo.
 

A gran coalición

Te puede interesar