DE FALSAS VÍTIMAS

Beatriz Sestayo actúa como se fose vítima protagonista dunha suposta campaña de acoso, para tapar unha das peores derrotas e forzar un peche de filas entre os seus incondicionais.
Non quere ver o dano que lle fai ao PSdeG local, a culpa sempre élle allea.
Este luns –con ausencias significativas– celebrou unha asemblea cun 20% dos afiliados. O máis salientable é que xa vai ter de xerente de urbanismo ao número seis da súa lista municipal e o cese (cuestión esta que non me causa especial sensación) da súa secretaria de organización, que tamén foi apartada da xunta do goberno de Ferrol en favor de Sas.
“Revólvese” contra a “malvada” prensa, pero non entregou o seu escano parlamentario (de dedicación exclusiva) e está en boca da cidadanía polas retribucións que, a maiores, vai ter como membro da xunta de goberno, voceira e pola asistencia a plenos.

 

DE FALSAS VÍTIMAS

Te puede interesar