CUNQUEIRO

Recoñezo que fun enganado. Que creín que era certo aquel bulo que percorría as redes sociais e que achacaba á nova corporación madrileña, da señora Carmena, a intención de sacar o nome de Álvaro Cunqueiro á rúa que leva alí o seu nome. 
E foi grazas a un artigo de Méndez Ferrín e que tamén novamente chegounos vía Twitter, neste caso de Uxío Novoneyra Rei, onde puidemos ver que se trataba dunha simple manipulación.
Vivimos tempos que resulta difícil saber o que é de verdade información veraz ou simple  invención partidaria. Xogan con que as persoas afectadas, nos casos de manipulación, non poden estar sempre desmentindo as falsidades. Máxime cando todo se inventa, porque hai xente que non acepta a decisión democrática da cidadanía. 
As miñas desculpas á alcaldesa de Madrid por non ter posto en corentena a información sobre o autor do “Merlín e familia”.
 

CUNQUEIRO

Te puede interesar